O 24 e o 25 de xaneiro Os Bolechas visitarán Espacio Coruña cunha morea de actividades para os máis pequen@s.

Pasacalles: A familia Os Bolechas viran no seu coche R4 e percorrerán toda a planta baixa de Espacio Coruña coa súa música. Os personaxes pasearán, saudando e facéndose fotos cos nenos e nenas que veñan a coñecelos.

Obradoiros: Nun recinto preparado con mobiliario infantil os nenos e nenas gozarán cos obradoiros dos Bolechas: (Debuxo, chapas e maquillaxe).

Os nenos en nenas que participen nos obradoiros de debuxo poderán entrar nun sorteo dos seguintes regalos: unha biblioteca básica dos Bolechas, un curso de inglés dos Bolechas e un DVD cos temas dos Bolechas (Os sorteos realizaranse o domingo 25 de xaneiro, ás 20.30 e o sábado 31 de xaneiro ás 17. 30 h.)

Exposición de debuxos: con todos os debuxos dos nenos e nenas faremos unha exposición que estará en Espacio Coruña até o día 31 de xaneiro.

 

Cando?

Sábado 24 e Domingo 25 de xaneiro

De 18.00 h. A 20.30